Blogia

nereaperez

INFORMÁTICA EN DISCAPACITADOS

 
Resulta estraño imaxinarse a un cego sentado diante dun ordenador, pero o caso é que cada vez hai máis. E o mesmo ocorre con parapléjicos, autistas e ata paralíticos cerebrais.

Nalgúns casos, o salto dado grazas á tecnoloxía por persoas con severas minusvalías é abismal. É o caso de Vicente García Bo. Paralítico cerebral, Vicente é incapaz de modular a súa voz e de controlar os movementos das súas mans para escribir con papel e lápiz. Para os seus máis allegados, tratábase dun ser humano incapaz de comunicarse, e do que se descoñecía a súa capacidade.

Hoxe, Vicente escribe aporreando un ordenador con teclado especial. E quen leron os seus escritos descubriron a unha persoa cun coeficiente intelectual por encima da media, que se expresa con gran fluidez e utiliza un amplo vocabulario, no que inclúe abundantes citas literarias.

Vicente, ademais, foi capaz de abrirse a un novo mundo, grazas aos chats (charlas interactivas). Alí comunícase con mozos e mozas da súa idade, sen correr o risco de que ninguén lle rexeite polo seu parálisis cerebral. Na Rede non contan os seus problemas físicos.


Creo que é digno de valorar todos os esforzos que as persoas discapacitadas están a facer na procura dunha vida o máis normal posible; considero que o uso da informática estalles a veneficiar xa que ao ser persoas que non se poden mover, poden relacionarse co resto do mundo a traves de internet.

PIZARRA DIXITAL

As pizarras ou encerados dixitais interactivos (PDI ou EDI) comezan a verse nas escolas galegas. Hai varios modelos e marcas diferentes e con custos moi diversos.

(PDi) consiste nun ordenador conectado a un video-proyector, que proxecta a imaxe da pantalla sobre unha superficie, desde a que se pode controlar o ordenador, facer anotacións manuscritas sobre calquera imaxe proxectada, así como gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportarlas a diversos formatos.

As utilidades da pizarra dixital son  moitas e moi diversas.Contemplan galerias de imaxes temáticas moi variadas, posibilidade de empreg de diferentes idiomas, enlaces con páxinas web interesantes, posibilidades de adaptar o uso de materias de traballo que profesor e alumno van realizar, ferramentas para crear diapositivas, cómics ou contos.

 

VOKI

Voki é un servizo online que nos permite crearnos o noso propio avatar personalizado baseándonos en multitude de tipos de personaxes como monstros, animais ou personaxe de anime. Pero ademais de poder poñerlle multitude de complementos e modificar a súa aparencia, ten como principal novidade que podemos ata poñerlle a nosa propia voz.

E non só iso, tamén che proporcionan un código html para que o inclúas no teu blog, perfil da túa rede social social favorita e, segundo eles mesmos afirman, próximamente poderanse integrar en varias plataformas de mensajería instantánea. Ademais, pódesche descargar o teu Voki na maioría de teléfonos móbiles que soportan vídeo.

O servizo de Voki é totalmente gratuito para os usuarios, aínda que basean o seu negocio na venda do servizo a empresas e na venda de complementos especiais para a túa Voki.

WEB 2.0

WEB 2.0

O término Web 2.0 foi acuñado por Tim Ou'Reilly en 2004 para referirse a unha segunda xeración na historia da Web baseada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servizos, como as redes sociais, os blogs, os wikis ou as folcsonomías, que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os usuarios.

O concepto orixinal do contexto, chamado Web 1.0 era páxinas estáticas HTML que non eran actualizadas frecuentemente. O éxito das punto-com dependía de webs máis dinámicas (ás veces chamadas Web 1.5) onde os CMS Sistema de xestión de contidos (Content Management System en inglés, abreviado CMS) servían páxinas HTML dinámicas creadas ao voo desde unha actualizada base de datos. En ambos sentidos, o conseguir hits (visitas) e a estética visual eran considerados como uns factores moi importantes.

Os propulsores da aproximación á Web 2.0 cren que o uso da web está orientado á interacción e redes sociais, que poden servir contido que explota os efectos das redes creando ou non webs interactivas e visuales. É dicir, os sitios Web 2.0 actúan máis como puntos de encontro, ou webs dependentes de usuarios, que como webs tradicionais.

PEQUENA HISTORIA DO POBO DE CARZOÁ

 

Debido á masa de emigrantes, Carzoá, que chegou a ter uns 350 habitantes, é, na actualidade, un pobo duns 60 habitantes residentes. Pertence ao municipio de Cualedro, partido xudicial de Verín e provincia de Orense. Está sentado nun terreo montañoso, totalmente desamparado polo norte, recibindo os ventos da sierra de San Mamed; e ao oeste, azotado polos ventos da sierra de Larouco. Polo noreste protéxelle o monte Cidá duns 900 metros sobre o nivel do mar. Carzoá está limitado, ao norte polos montes de Penedo d´ Miguel e Valdacal; ao sur pola zona Zergaceira e Lagoas; ao leste pola zona de Corgo; e ao oeste polo Rozo e o Picoto. Os pobos máis próximos, que rodean a Carzoa, son, en rotación de norte a oeste: Cualedro, Penaverde, Santa Baia de Montes, San Martín, Sandín, Lamalonga, Vilela e Moimenta.

Di a lenda que o pobo de Carzoá foi construído entre os séculos II e III logo de Cristo e que no século V foi completamente arrasado polos Suevos e reconstruído en tempos de Recaredo I.

En agricultura, actualmente reducida ao mínimo, predominaba a colleita do centeno e as patacas. En ganadería foi abundante o Gando vacuno, o lanar, o equino e o porcino.

¿QUÉ SON AS TICs?

¿QUÉ SON AS TICs?

Breve historia de TICs

EVOLUCIÓN CRONOLÓXICA DOS PRINCIPAIS AVANCES TECNOLÓXICOS
                        1840-incorporación da fotografía
                        1850-invención do teléfono e telegrafo
                        1890-primeiro rexistro sonoro nun magnetófono
                         1895-estrea das primeiras proxeccións cinematográficas.
                        1920-comezan as emisións cinematográficas.
                        1950-lanzamento da televisión.
                        1964-xurdiu a rede de internet

AS TECNOLÓXIAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

-Son un conxunto de procesos e produtos derivadas das novas ferramentas (aparellos e programas) soportes de información e canles de comunicación relacionados co almacenamento, procesamento e transmisión dixitalizados da información.

-Formando redes, os ordenadores non só serven para procesar información almacenada en soportefísicos en calquera formato dixital, senñon tamén como ferramenta para acceder a información, a recursos e servizos prestados por ordenadores remotos.

-A dixitalización supón un cambio radical no tratamento da información. Permite o seu almacenamento en gramdes cantidades en obxectos de tamaño reducido ou, o que é máis revolucionario, facela residir no “ciberespazo”.

 

ALGUNHAS REPERCUSIÓNS DAS TICS

-Os medios electrónicos e impresos produciron unha auténtica explosión na cantidade de información que nos chega as persoas.

-Temos gran cantida de informción, que debemos seleccionar.

-Os medios electrónicos transformaron a nosa forma de percibir a realidade.

-Establecese confusión entre la información.

-Transformación radical de dous condiciones fundamentais na comunicación: espazo-tempo.

OLPC

O ordenador portátil de 100 dólares o un laptop por chico(ULPC, tamén abreviado OLPC do idioma inglés One Laptop Per Child), é un ordenador portátil elaborado col propósito de proporcionar a calquera  neno no mundo acceso e coñecementos ás  novas tecnoloxíascomo formas modernas de educación.O proxecto conta co apoio de Google, AMD, Red Hat, News Corp, Brightstar Corp e a colaboración de outras empresas.

 

COMADRES EN VERÍN

COMADRES EN VERÍN

Este é un dos mellores días do entroido de Verín; día no que as mulleres saen a rúa disfrazadas. Polo xeral a noite comeza cunha cena nalgún dos restaurantes de Verín, a estos normalmente asisten charangas para ir amenizando a noite, posteriormente é tradición ir a Casa do Escudo a esperar a raiña do entroido e o seu acompañante. Alí as mulleres encenden as candeas e tralas tradicionais sábanas blancas van en procesión pola rúa detendose na Plaza onde polo xeral unha persoaxe famosa ou coñecida comeza a lectura do famoso pregón.

Na actualidade non só saen as mulleres si non que os homes tamén se uniron a nosa festa; a súa maioria saen disfrazados de mulleres e cada ano vense máis implicados; van de cea xuntos, disfrazados de mulleres, asisten o pregón...e en definitiva é unha fecha sinalada no calendario tanto para os de Verín como para os de fora; xa que, son numerosos os autobuses que veñen repletos de mulleres doutros lugares de Galicia ou de fora dela.

É unha festa para disfrutar na que as mulleres poñen todo o seu esmero, moitas veces xa se comeza a pensar cal será o traxe para o ano que ven; sempre buscando a orixinalidade, e que o grupo o pase o mellor posible. As calles inundanse de alegria e festa.

O entroido para todos comeza ese Xoves de Comadres, que este ano é o día 19 de febreiro.

Todo o mundo é ven acollido nese día, todos poden participar...O que ven un ano, repite o seguinte.

 

 

INTERNET COMO FONTE DE INFORMACIÓN