Blogia
nereaperez

INFORMÁTICA EN DISCAPACITADOS

 
Resulta estraño imaxinarse a un cego sentado diante dun ordenador, pero o caso é que cada vez hai máis. E o mesmo ocorre con parapléjicos, autistas e ata paralíticos cerebrais.

Nalgúns casos, o salto dado grazas á tecnoloxía por persoas con severas minusvalías é abismal. É o caso de Vicente García Bo. Paralítico cerebral, Vicente é incapaz de modular a súa voz e de controlar os movementos das súas mans para escribir con papel e lápiz. Para os seus máis allegados, tratábase dun ser humano incapaz de comunicarse, e do que se descoñecía a súa capacidade.

Hoxe, Vicente escribe aporreando un ordenador con teclado especial. E quen leron os seus escritos descubriron a unha persoa cun coeficiente intelectual por encima da media, que se expresa con gran fluidez e utiliza un amplo vocabulario, no que inclúe abundantes citas literarias.

Vicente, ademais, foi capaz de abrirse a un novo mundo, grazas aos chats (charlas interactivas). Alí comunícase con mozos e mozas da súa idade, sen correr o risco de que ninguén lle rexeite polo seu parálisis cerebral. Na Rede non contan os seus problemas físicos.


Creo que é digno de valorar todos os esforzos que as persoas discapacitadas están a facer na procura dunha vida o máis normal posible; considero que o uso da informática estalles a veneficiar xa que ao ser persoas que non se poden mover, poden relacionarse co resto do mundo a traves de internet.

0 comentarios