Blogia
nereaperez

COMADRES EN VERÍN

COMADRES EN VERÍN

Este é un dos mellores días do entroido de Verín; día no que as mulleres saen a rúa disfrazadas. Polo xeral a noite comeza cunha cena nalgún dos restaurantes de Verín, a estos normalmente asisten charangas para ir amenizando a noite, posteriormente é tradición ir a Casa do Escudo a esperar a raiña do entroido e o seu acompañante. Alí as mulleres encenden as candeas e tralas tradicionais sábanas blancas van en procesión pola rúa detendose na Plaza onde polo xeral unha persoaxe famosa ou coñecida comeza a lectura do famoso pregón.

Na actualidade non só saen as mulleres si non que os homes tamén se uniron a nosa festa; a súa maioria saen disfrazados de mulleres e cada ano vense máis implicados; van de cea xuntos, disfrazados de mulleres, asisten o pregón...e en definitiva é unha fecha sinalada no calendario tanto para os de Verín como para os de fora; xa que, son numerosos os autobuses que veñen repletos de mulleres doutros lugares de Galicia ou de fora dela.

É unha festa para disfrutar na que as mulleres poñen todo o seu esmero, moitas veces xa se comeza a pensar cal será o traxe para o ano que ven; sempre buscando a orixinalidade, e que o grupo o pase o mellor posible. As calles inundanse de alegria e festa.

O entroido para todos comeza ese Xoves de Comadres, que este ano é o día 19 de febreiro.

Todo o mundo é ven acollido nese día, todos poden participar...O que ven un ano, repite o seguinte.

 

 

0 comentarios