Blogia
nereaperez

ACTUALIDADE

HORA DE ARMARSE CONTRA A PANDEMIA

HORA DE ARMARSE CONTRA A PANDEMIA

Ante a noticia da aparición da pandemia en México, son moitos os medios que se fan eco da noticia, intentando dar a maior información sobre o tema, para que non cunda o pánico entre a poboación.

Segundo a información aportado por un dos artigos no xornal El País, este virus non é tan perxudicial como a da gripe aviar, e asegura que ainda que non sexa controlable, España estará preparada para afrontar a situación, posto que xa tivo que pasar por varias pandemias, co que os organisimos estan xa establecidos, facilitando asi a capacidade de reacción  e asi movilizarse con total precisión.

Polo visto na noticia, non corremos un grande risco, será algo que se deberá controlar, e estar atentendendo calquera sintoma, pero non se considera unha grande ameaza, confiando na nosa sanidade.

Dende o meu punto de vista, considero que non debe cundir o pánico, e que ante algun sintoma debemos acudir ao médico, para, se no caso de estar infectados, poderemos subsanar o problema con maior precisión e sera máis sinxelo.

Aínda así, creo que calquera precaución e pouca.

Google ¿fasme as tarefas?

Google ¿fasme as tarefas?

Ese é o encabezamento dunha noticia que se publica hoxe na prensa, na que se nos expon a existencia dun blog, na que se ofrecian a facer as tarefas e xa tiñan as suas tarifas de precios pero polo visto non ten movemento; e resaltase na noticia que ante a existencia dunha paxina similar en Francia armouse un escandalo e lograron que desaparecera.

Neste artigo falase da aplicacion das novas tecnoloxias nas aulas, e do uso de internet dos máis novos expoñendo varios puntos de vista.

Dende a miña opinión, considero que non esta mal que se obteña informacion de internet, parece moi úti; simplemente hai que moderarse, e ter unha disciplina de traballo que fara que con internet os resultados sexan mellores e obteñamos dun modo rapido a informacion que requerimos.

Considero que os pais teñen ante internet unha vision negativa e esaxerada, non hai que ser radicais, hai que ensinar a que sexan os propios rapaces os que se controlen e fagan un bo uso da rede, non hai que pecharse portas, hai que saber abrilas.