BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL
A Biblioteca Dixital Mundial, BDM (en inglés World Digital Library, WDL), é unha biblioteca digital internacional creada pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos e a UNESCO. A Biblioteca Dixital Mundial foi inaugurada o 21 de abril de 2009 na sé da UNESCO de Parides, Francia.
A Biblioteca Dixital Mundial ten como obxectivo promover o entendemento internacional e intercultural, aumentar o volume e a variedade dos contidos culturais en Internet, proporcionar recursos para os educadores, académicos e ao público en xeral, e conseguir, coa participación de institucións de numerosos países, reducir a brecha dixital tanto entre países como entre a poboación de cada país.
O seu obxectivo é ampliar os contidos en idiomas distintos ao inglés así como de orixe non occidental e permitir o acceso gratuito e multilingüe a fondos provenientes de culturas de todo o mundo. O material dispoñible inclúe manuscritos, mapas, libros raros, partituras musicais, grabaciones, películas, fotografías, documentos de arquitectura, así como outros materiais culturais.
0 comentarios