ACOSO EN INTERNET
Unha das ultimas noticias das que se estan a facer eco tódolos medios de comunicación é a situción de acoso a que se someten os adolescentes entre eles mediante internet; afirmase en todos os medios que son as rapazas as principais acosadoras e as acosadas; non direi que non é certo pero sí que considero que non se deben facer estas enquisas respecto o sexo, xa que tan mal esta que o fagan uns coma os outros e parece que o simple feito de que sexan rapazas xa parece máis grave. Considero que sí, moitas rapazas entran nunha dinámica "barriobaixeira" máis notablemente nos últimos anos, pero non se debe xeneralizar en nigun dos casos e deberiamos deixar de sorprendernos de que as rapazas fagan cousas que os rapaces levan facendo moitos anos.
Pero en xeral considero que todo esto de situacións de acoso e cousas polo estilo que fan unha pequena parte dos xovenes orixinanse pola educación de cada un, e o seu caracter.Eu en ningún caso faria nada disto xa que é un estilo que non vai conmigo, nin co meu caracter nin cos valores que se me inculcaron ao longo da vida; xa que considero que non hai que facer de menos a ninguén, que debemos aceptar as persoas diferentes; e non digo con esto que teñamos que ser amigos de xente coa que non somos para nada compatible, refirome a que cando unha persoa nos cae mal ou non vai con nos non hai que insultalo, nin acosalo, nin menosprecialo; tan só hai que ter un mínimo de respecto por todas as persoas polo simple feito de ser persoas; sexan como sexan.
0 comentarios