Blogia
nereaperez

FAMA, ¡A BAILAR¡

Fama é o programa de máis éxito en Cuatro. Unha edición máis emocionante e con máis nivel, se cabe, que a pasada. De novo, os profesores tratarán de atopar ás novas promesas do baile, que loitarán por facer o seu soño realidade: Un máster dun ano de duración nunha das mellores escolas internacionais de baile.

10 mozos e 10 mozas convivirán na Escola de Fama, onde recibirán as clases dos profesores, e onde competrián entre eles formando parellas aínda que concursen de forma individual. Para chegar ao final deberán apoiarse na súa parella e para gañar o concurso, terán que eliminala. Cada día da semana constituirase como unha pequena ’final’ para cada un deles.

PLAN DE ESTUDOS:

LUNS. Durante a semana os concursantes terán que cumprir dous obxectivos: un número musical común e outro por parellas. O luns repártense as coreografías e por primeira vez realízase a formación de parellas que serán fixas durante todo o programa. Cada semana o número coral dedícase a un estilo de baile concreto: hip hop, breakdance, tango, merengue, disco, reggaeton. Todas as semanas menos a primeira, os luns expulsarase a un concursante.

MARTES. O desafío. A persoa que se quede sen parella o luns terá que retar a un concursante do seu mesmo sexo para arrebatarlle a súa parella de baile e poder continuar na Escola. O que perda o desafío terá que abandonar Fama e o ganador competirá coa parella do perdedor do duelo. Ese mesmo día, unha nova parella ocupará as prazas dos dous bailarines que teñan que deixar a Escola.

MÉRCORES. Loita pola inmunidad. Todas as parellas bailan ante o xurado para obter a inmunidad. O director e os coreógrafos deliberan e elixen ao mellor bailarín da semana que, na súa sorte, arrastrará á súa parella á inmunidad. Un privilexio que lles permitirá librarse da nominación. Ademais, os profesores elixirán entre todos os alumnos aos cinco coreógrafos da semana.

XOVES. Duelo de coreógrafos. Os cinco bailarines seleccionados polo xurado a xornada anterior, terán que crear e dirixir unha coreografía cos seus propios compañeiros como corpo de baile. O mellor dos cinco conseguirá a inmunidad, un premio que tamén recibirá a súa parella habitual. Ao final desta xornada, serán catro os concursantes que lograrían salvarse das temidas nominaciones.

VENRES. Todas as parellas bailan. O xurado delibera e decide os dous nominados, que arrastrarán ás súas respectivas parellas. Cada semana, serán catro os bailarines candidatos a abandonar a Escola de Baile. O venres tamén será o día no que os concursantes representen a coreografía grupal que estiveron preparando durante a semana.

 

Consideroo un dos mellores programas da televisión na actualidade, posto que impusou ca súa primeira edición o gusto polo baile, dandolle tamén o lugar que se merece posto que estaba prácticamente esquecido trala música.

0 comentarios